Entrevistadora: Sonia González Iglesias
Informante [1/A]: Manuela Costa Calviño
Procedencia: O Castro- Monzo - Trazo
Data e lugar da gravación: 2 de maio de 2002. O Castelo, Monzo (Trazo)
(57 coplas)
coplas A1 a A11
coplas A47 a A57
A1
Canten todos a la una
Canten todos a la una
o cantar i o bailar
non é deshonra ningunha.
A2
Eu ben vin i-lo raposo
pola rodeira do carro
cas orellas na cabeza
e o cu debaixo do rabo.
A3
O cantar e o bailar
nadia se perdió en el mundo
se perdió por marmurar
la vida de cada uno.
A4
María, miña María
tráiote moi avisada
que non queiras do ajeno
nin deas do teu a nadia.
A5
Moreniña e non tanto
moreniña e non tanto
tamén o trigo é moreno
e fai molete blanco.
A6
Olvidáchesme por pobre
eu a ti por miserable
e olvidamos un o outro
e máis nadie aló o soubo.
A7
Olvidachesme por pobre
e por rico te deixei
vale máis un pobre honrado
que un rico de mala lei.
A8
Rapaza ti é-lo demo
que me andas atentando
o en el río o en la fuente
siempre te encuentro lavando.
A9
Soy de Monzo porque sí
soy de Monzo porque sí
non teño porque nega-la
tierra donde nacín.
A10
A aldeíña de Monzo
de lonxe se pode ver
ten un loureiro no medio
que alumea sen arder.
A11
A aldeíña de Monzo
de lonxe parece vila
ten un loureiro na entrada
unha rosa na salida.
A12
Arrimeime a un pino verde
por ver si me consolaba
i o pino como era verde
en ver de cantar lloraba.
A13
Adiós que me voy del mundo
porque la tierra me llama alá
onde está mi
que me tiene retocada.
A14
A raíz do toxo verde
é moi mala de curtare
e tamén un carballo verde
é moi malo de endreitar.
A15
La luna cuando se impone
siempre deja claridade
e anque tengas amor firme
nunca lle contes verdade.
A16
Olvidáchesme, olvidáchesme
metinche a pata nos ollos
Olvidáchesme, olvidáchesme
xa tomei amores novos.
A17
Eu caseime cunha nena
porque tiña moito gando
ai o gando foime morrendo
e a nena fuime quedando.
A18
Estonei unha laranxa
botei as tonas no pozo
quen che oíu falar a ti
cascabel e non garboso.
A19
El río cuando va lleno
leva carballos e follas
tamén podía levar
as lenguas rexubadoras.
A20
Vaite de aí non me atentes
vaite de aí non me atentes
non mires mais a lus dos meus ollos
mozo solteiro sen dentes.
A21
Soy morena, soy morena,
soy morena, soy así,
soy morena, soy morena
pero no soy para ti.
A22
Decidín botar un tiro
e darche unna puñalada
quixeches sacarme un foro
máis non ganabas nada.
A23
Costureira negrendeira
din que non come o touciño
aínda come un cocho enteiro
desde o rabo ata o fuciño.
A24
O amor que'ha de ser meu
ha de ser americano
ha de te-lo pelo roxo
e o bigote castaño.
A25
Botei unha laranxa
de Santiago a Pontevedra
ai botei unha laranxa
agora vou a por ela.
A26
É morena, é morena
é morena é morenada
dálle unha volta ó pelo
que che quero ver a cara.
A27
A aldea de Tarrío
haina que afundir a tiros
hai un rapaciño nela,
lévame os cinco sentidos.
A28
En Monzo hai boas mozas
en Tarrío hai gana delas
indo cara Vilacoba
caravillas pas cancelas.
A29
Cara Santiago hei de ir
anque me poñan cancelas,
anque se me vaia o tempo
en abrir e cerrar nelas.
A30
Oliveira ben plantada
sempre parece oliveira
unha nena ben cansada
sempre parece solteira.
A31
Quen che dixo a ti loureiro
que eu facía nas culleres,
as mentiras son dos homes
as verdades das mulleres.
A32
Coma os de Monzo non hai
coma os de Monzo non hai
pasean por onde quieren
fan bulra de cantos hai.
A33
O muíño de meu pai
eu ben lle sei o tempero
cando está alto baixalo
cando está baixo erguelo.
A34
O amouriño de baixo
dálle a volta ó de riba,
o de baixo tiña a serra
o de riba a caravilla.
A35
O carballo da portela
ten tres carros de madeira
un pra min, outro pra ti,
o outro pra quen o queira.
A36
Pasas por min non me falas
non sei quen te aconsellou
fíaste en contos do mundo
eu tamén tanto che dou.
A37
Chégate a cabe de min
que che quero preguntar
se che debo algo dimo
porque che quero pagar.
A38
O paxaro cando chove
mete o rabo na silveira
así fai a nena guapa
cando non ten quen a queira.
A39
A perdís anda no monte
detrás dela as herbas come
o cariño dunha nena
que así Dios mantén o home.
A40
Rexubeira do inverno
rexubeira do inverno
ahora que vén o vran
rexubeiras ó inferno.
A41
Baixa de aí, xa che dixen
non me deas máis fatiga
andas dicindo que non te quero
que máis queres que che diga.
A42
O cariño é un ladrón
o cariño é un ladrón
e metiuse na miña casa
rouboume o meu corazón.
A43
Eu a ti quéroche ben
regaliño dos meus ollos
eu a ti quéroche ben
non lle quero así a todos.
A44
Porque che falei un ano
xa pensabas que te quería
e aínda che falaba outro
coa misma picardía.
A45
Pólo sombreiro de lado
pra que che vexan o pelo
nin por esas mellor mozo
nin has de casar máis cedo.
A46
Un coxo e mais un manco
e náis tres carrilados
foron boscar un tullido
á casa dun derrancado.
A47
O amor da costureira
non é amor de cobiza
é como xerro sen fondo
que ten o cu de cortiza.
A48
Se a túa nai che pergunta
se me queres ben a min
con la boca dice no
pero en el corazón si.
A49
O meu amor é Manuel
vai no servicio do rei
se non o mata unha bala
eu por el esperarei.
A50
Por te ver María Juana
por te ver Juana María
por te ver María Juana
ando de noite e de día.
A51
Anque botes e rebotes
e volvas a rebotare
aínda teño un saco cheo
e ti tas sin desatare.
A52
Pasas por min non me falas
con malos ollos me miras
debéronche de contar
de min algunhas mentiras.
A53
O día que eu nacín
naceron tres cosas buenas
nació el sol y la luna,
el cielo con sus estrellas.
A54
Té-las perniñas moi longas
o narís moi afilado,
a medida dos teus dentes
é a chavella do carro.
A55
O raposo ta berrando
no alto de Camariñas
que lle leven os zapatos
que o pican as espiñas.
A56
Si quieres que te lo diga
cantando te lo diré,
cantando tomei amores
llorando los olvidé.
A57
Esta vai polo remate
esta vai polo remate
o que diga que vai mal
que mala morte o mate.