Entrevistadoras: Alicia Varela Landeira e Paula Suárez Calviño
Informante [F/6]: Ángel Costa Baleato
Lugar da gravación: Piñeiro, Viladabade, Tordoia
Data: [xuño de 2002] Entrevista e coplas
⬅️coplas F1 e F2
coplas F9 e F10➡️
F1
O sol prende cunha liña
e as estrelas cun cordón,
a luna cun fío de seda
e ti co meu corazón.
F2
Tres cousas pedín a Dios,
nincunha me quixo dare
la hermosura y buen cabello,
la gracia para cantare.
F3
No llores padre ni madre
porque me marcho mañana.
No llores padre ni madre
que voy defender España.
F4
No llores padre ni madre
porque voy servir al Rey.
No llores padre ni madre
si no muero, volverei.
F5
Todas las mujeres tienen
en el pecho dos limones,
un pouquiño máis abaixo
la perdición de los hombres.
F6
Como te colla no prado
como te collín máis veces,
heiche de meter no corpo
herba para nove meses.
F7
Habémonos de axeitare
anque nos coste traballo,
son fillo de labradore
sei poñe-los bois ao carro.
F8
Miña nai ten des coellas,
meu pai cazador das lebres,
eu como son fillo deles
son cazador das mulleres.
F9
Pra saber de mi fortuna
voy contar al revés:
dieciseis, quince, catorce,
tres, doce, once y diez.
F10
Ay voy a contar al revés
pra saber de mi fortuna:
nueve, ocho, siete, seis,
cinco, cuatro, tres, dos, una.