Paisaxismo intelixente. Novas tendencias con LORA
A aplicación das redes de longo alcance e baixo consumo enerxético (LoRa) en xardíns intelixentes ofrece beneficios en eficiencia, aforro de recursos, monitorización remota, seguridade e mellora da experiencia tanto en xardíns privados como públicos, optimizando as operacións e creando entornos máis intelixentes e sostibles, obténdose os seguintes beneficios:
Eficiencia no sistema de rego: Sensores de humidade no terreo e estacións meteorolóxicas conectadas, habilitadas por redes LoRa, permiten unha rega adaptada ás necesidades das plantas, evitando o desperdicio de auga.
Mantemento e monitorización remoto: Dispositivos e redes LoRa proporcionan información en tempo real para unha planificación eficiente do mantemento.
Control do clima: Control das condicións climáticas e posiblidades de crear entornos óptimos de crecemento, garantindo unha cobertura confiable.
Monitorización da saúde das plantas: Sensores, conectados mediante redes LoRa, miden parámetros como a humidade das follas, detectando problemas de saúde nas plantas.
Iluminación intelixente: A iluminación, xestionada a través de redes LoRa, pódese adaptar segundo as necesidades das plantas e o deseño do xardín.
Seguridade e detección de pragas: Sistemas de seguridade, con sensores LoRa, detectan intrusos e pragas, protexendo o xardín e tomando medidas preventivas.
Mellora da experiencia dos visitantes: Servizos interactivos como información sobre plantas e rutas de sendeirismo, habilitados por redes LoRa, enriquecen a experiencia e detectan situacións de risco.