SEGUIMENTO DE ACTIVIDADE EN BURROS 

Desde REDICIR estase a facer un seguimento de distintas tipos de animais co fin de estudiar os seus comportamentos a través de colares de monitorización de datos empregando comunicación LORA. 

Entre estos animais dispoñemos dos parámetros de seguimento do comportamento de un grupo de vacas e dun burro.

O burro un animal que está a formar parte de numerosos estudios e a súa influencia na proteción frente ao lobo. Os burros son animais robustos e intelixentes que, na tradición rural galega, son empregados para protexer o gando do ataque dos lobos. 

Os burros non só son compañeiros de traballo, senón tamén gardiáns valiosos que desempeñan un papel vital na preservación do equilibrio ecolóxico das zonas rurais de Galicia.

Co seu tamaño e os seus rebuznos potentes, os burros son capaces de asustar aos lobos e manter os rebaños a salvo. A súa presenza xera unha especie de defensa natural que os predadores preferen evitar. Ademais, os burros teñen un instinto protector cara ao rebaño, vixiando con atención calquera ameaza potencial.