freepick

NIVEIS DE Ph, CONDUCTIVIDADE E HUMECTACIÓN EN FOLLA

Todos os cultivos en xeral e os autóctonos en particular, necesitan de toma de mostras e da medición das condicións e características do terreo co fin de mellorar a calidade do cultivo. 

Entre os parámetros máis interesantes en canto a súa importancia, podemos destacar o pH, a conductividade do terreo e a humectación da folla.

O pH do terreo é crucial para determinar a dispoñibilidade de nutrientes para as plantas. Un pH axeitado favorece a absorción de nutrientes esenciais como o nitróxeno, fósforo e potasio. A acidez ou alcalinidade do chan afecta a actividade microbiana e a descomposición da materia orgánica e polo tanto, a medición do pH axuda a determinar qué cultivos son máis axeitados para certas áreas xeográficas e evita deficiencias nutricionais nas plantas e afectar o seu crecemento.

A condutividade eléctrica do terreo danos referencia da súa capacidade para transportar nutrientes disoltos na auga. Unha alta condutividade pode indicar un exceso de sales no terreo, o que pode ser perxudicial para as plantas. Ambas medidas son fundamentais para optimizar o uso de fertilizantes e emendas do solo. 

O control do pH e da condutividade do terreo é crucial na xestión agrícola sostible. Axuda a previr a acidificación ou alcalinización excesiva do solo, que poden ter efectos adversos a longo prazo. A medición regular do pH e da condutividade permite monitorizar a saúde xeral do terreo, facilitando a identificación de problemas de contaminación, como a presenza de metais pesados, permiten axustar as prácticas de rego para evitar a acumulación de sales no terreo e son esenciais para o éxito da agricultura de precisión, optimizando a produción, minimizando o impacto ambiental e contribuindo á protección da biodiversidade do terreo e os ecosistemas asociados.


A humectación das follas refírese a cantidade de auga libre na superficie das follas. Trátase dun dato fundamental dentro do contexto de prevención e prevencción frente ás enfermedades, especialmente as producidas por fungos (mildiu, moteado, etc.).

A investigación continua neste campo mellora a nosa comprensión dos sistemas terrestres e a súa interacción coa agricultura, sendo a medición de parámetros de pH, condutividade e humectación de folla esencial para garantir a produtividade agrícola sostible e a saúde dos ecosistemas terrestres.