REPRODUCIÓN POR ESPORAS DE FENTOS ARBORESCENTES. 

Os fieitos ou fentos son plantas que producen esporas, resumíndose nas seguintes fases o ciclo de reprodución.  


No proxecto REDICIR obsérvase como reproducir diferentes tipos de fentos arborescentes, mediante un entorno controlado de temperatura e humidade, empregando unha cámara de propagación de esporas

Para lograr as esporas e realizar a reprodución, hai que coller as esporas ( po ou partículas microscópicas de cor amarela) que teñen as follas dos fentos, e comezar coa reprodución.

Á hora de facer a reprodución, é necesario un recipiente con terra mineral, que reteña máis a humidade. Cada espora terá que unirse con outra espora para que xerminen e vaian creando pequenos fieitos. 

Para esa unión precísase un medio húmedo. Unha vez esparcidas as esporas sobre a terra, hai que facer un rego abundante e despois tapar o recipiente. Ata que comecen a aparecer as primeiras frondas poden pasar meses. 

No caso do proxecto REDICIR as esporas consérvanse na cámara de propagación, con condicións controladas de temperatura e humidade. 

No caso de non dispoñer de cámara unha vez esparcidas as esporas tápase o recipiente para evitar que as esporas se escapen co vento, e cólocase nun lugar húmedo ou sombrío.