NÚMERO DE HORAS FRÍO 

As árbores frutais caducifolias precisan unha certa cantidade de horas frío anuais para regular o seu ciclo vexetativo. A acumulación de horas de frío iníciase coa baixada da temperatura outonal e a reducción de horas de sol. Coa baixada de temperaturas chega a dormancia ou parada invernal, que consiste nunha redución de actividade vexetativa da árbore e a caída das follas. O reposo vexectativo sírvelle á planta para preparar a súa floración primaveral e, coa volta do calor, finaliza a latencia e produce a brotación das xemas. 

O número de horas frío é unha medida utilizada en horticultura e agricultura para describir a cantidade de horas a unha temperatura específica (xeralmente entre 0°C e 7°C) que unha árbore froiteira necesita durante o seu período de latencia invernal para romper a dormencia e florecer axeitadamente na primavera. 

É crucial para moitas especies de árbores froiteiras, xa que influencia no seu desenvolvemento e produción de froitas. Un número insuficiente de horas frío pode resultar nunha floración e frutificación reducidas, mentres que un exceso de horas frío pode afectar negativamente a calidade e a cantidade da colleita.

A estación de monitorización de parámetros ambientais permite a recollida de datos relativos á temperatura ambiental e a aplicación nos seguintes tipos de cultivos: 

Para as maceiras, o número de horas frío é fundamental para inducir a brotación e a floración axeitada na primavera. Durante o inverno, as maceiras necesitan acumular un certo número de horas frío para romper a dormencia das súas xemas e así florecer na seguinte tempada de crecemento. Se unha maceira non recibe suficientes horas frío, é probable que a brotación e a floración sexan escasas ou irregulares, o que pode afectar negativamente a produción de froitas. Por outro lado, un exceso de horas frío pode causar unha brotación temperá e unha floración prematura, o que aumenta o risco de danos por xeadas tardías. Polo tanto, é importante para os produtores de mazás monitorar e xestionar axeitadamente as horas frío para optimizar a produción e a calidade da colleita.

As necesidades de frío invernal dos frutais varía segundo a especie, e incluso entre unha variedade e outra. Antes de plantar, é recomendable informarse sobre que variedades son as adecuadas ao clima local. 

As maceiras son os frutais con maior necesidade de frío, precisando unhas 800 - 1000 horas frío, dependendo da especie. 

O Ministerior de Agricultura, Pesca e Alimentación ofrece un servizo de cálculo de horas frío.

É interesante ademais a medición en entornos locais, tendo en conta a existencia de diferentes microclimas. 

Na ligazón publicada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) pódese consultar a Colección de cultivares autóctonos galegos de maceiras do Banco de Xeoplasma de Mabegondo, coas características da folla, flor e froita, así como o uso e identificación de tipos de plagas que afectan a cada variedade.