OBXECTIVO

O proxecto REDICIR ten como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica que favoreza a actualización de procesos de produción tradicionais aplicados ao sector primario.

Promove o desenvolvemento de novos produtos centrados na aplicación de tecnoloxías que favorezan a transformación dixital no sector da agroxardinería ecolóxica, viveirismo e paisaxismo, agricultura de precisión e seguimento de gando, coa posta en valor do produto autóctono.

Trátase de impulsar a transformación dixital como unha ferramenta esencial para o crecemento inclusivo e sostible, que procure un maior benestar social, ao servizo de todas as persoas, e que favoreza a creación de novas oportunidades laborais. 

Foméntanse os principios de sostenibilidade da economía circular, que permite estimular o crecemento económico sin comprementer o medio ambiente, fomentando o uso de enerxías renovables e o apreveitamento dos residuos. 

REDICIR aposta pola transferencia de coñecemento, funcionando como unha rede de traballo cooperativo como base para dixitalizar, renovar, innovar e reciclar.