Durante o desenvolvemento do proxecto Redicir, o enfoque en metodoloxías activas de ensinanza como a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), a Aprendizaxe Cooperativa e a Aprendizaxe Baseada en Retos demostraron ser unha estratexias efectivas para promover a participación activa dos estudantes no seu propio proceso de aprendizaxe.

A Aprendizaxe Baseada en Proxectos (APB) implica aos estudantes na resolución de problemas do mundo real, fomentando habilidades de investigación, colaboración e resolución de problemas. 

Por outra banda, a Aprendizaxe Cooperativa enfatiza o traballo en equipo, onde o alumnado aprende a través da interacción social e o apoio mutuo, desenvolvendo habilidades sociais clave xunto co dominio do contido.

Finalmente, a Aprendizaxe Baseada en Retos desafía aos estudantes a abordar situacións complexas, fomentando a creatividade, o pensamento crítico e a autonomía na súa aprendizaxe.

Estas metodoloxías non só promoven un ambiente de aprendizaxe máis dinámico e participativo, senón que tamén preparan aos estudantes para afrontar os desafíos do mundo real con confianza e habilidades sólidas, xenerando vínculos entre alumnado, equipo docente e outros profesionais.