Visita a Remesar

O día 13 de xuño todo o alumnado participante no proxecto Remesar xunto co profesorado integrante do Proxecta de Paisaxe e sustentabilidade, fixemos unha saída a Remesar para poñer sobre o terreo todo o traballado e aprendido neste curso.

A visita estructurouse en distintos bloques:

1-Visita ao Castro de Baroncelle, onde o profesor Xoán Carlos nos explicou as lendas vencelladas a este lugar e como se contruía un castro e para que servían.


LENDAS DA MOURINDADE_ BARONCELLE.pdf

2-Roteiro desde Baroncelle a Carboentes e Remesar. 

Acompañados de Protección Civil todos nos diriximos andando ata Carboentes e Remesar, vendo deste xeito o cruceiro de Baroncelle, o Mesón de Augalevada, etc.

3-En Remesar, o equipo de Educalecrín falounos da flora e fauna, sendo os rapaces os que debían buscar polo lugar as especies que elas lles marcaban. Así mesmo, nos falaron  dos valados, aproveitamento dos recursos naturais, e dos vertedoiros incontrolados.

Tamén paseamos polas casas abandonadas, en especial pola chamada "Casa do Coxo", que alberga nno seu interior dous escudos señoriais.

4-Visita á igrexa de Carboentes. De novo o profesor Xoán Carlos  xunto con un alumno da parroquia de Carboentes nos contaron as marabillas deste templo románico.


5-Tras a comida, todos disfrutamos con xogos populares (tiro de corda, billarda, zancos, etc) que preparou o profesor de Educación Física, Tomás.


A prensa local fíxose eco do nnoso proxecto, saíndo o noso proxecto e saída nas súas páxinas.

Como colofón, creouse un vídeo tráiler a modo de "to be continued"

Video de Rosario