Patrimonio histórico de Remesar e Carboentes

No noso proxecto queremos dar a coñecer aqueles elementos artísticos que a miúdo estudamos nos libros de texto de historia e arte como se fosen realidades distantes ao noso contorno coa finalidade de facelos máis facilmente comprensibles para o alumnado. Así por exemplo, analizaremos algúns elementos estudados nas aulas do románico, como os arcos de medio punto, a simboloxía dos seus capiteis escultóricos, os canzorros..., están presentes na igrexa de Carboentes. Así mesmo, os brasóns da casa grande de Remesar son sinais que perduran dos tempos do Antigo Réxime, en que a fidalguía dispuña dunha posición de privilexio na estrutura social. Polo tanto, tentaremos repasar todos aqueles vestixios do pasado  (tamén dolmens, torres medievais, castros...) que aínda perduran no contorno da parroquia de Carboentes, que serven de exemplo próximo  de cuestións que nos libros de texto parecen máis afastadas.

Así pois, nesta sección publicaremos as actividades que levamos a cabo para coñecer mellor esta realidade xunto con ligazóns de interese que van servirnos de fontes de información sobre este tema nas aulas.  

O martes 22 de novembro de 2022 o alumnado de 3º e 4º de ESO do noso centro tivo a oportunidade de escoitar unha conferencia do investigador da comarca do Deza Daniel González Alén, que nos ilustrou sobre o patrimonio histórico da parroquia de Carboentes.

Charla Daniel.mp4

Creación dun mapa interactivo por parte do alumnado de 3º ESO, en Genially, coa información extraída da conferencia e fontes bibliográficas sobre o patrimonio histórico da zona de Carboentes

Carboentes-Remesar 1

Carboentes -Remesar 2 


Partindo dos datos que aparecen no mapa interactivo de Genially e o que puideron investigar, o alumnado de 4º ESO traduciu ao inglés a información recabada.


Translation task - Remesar.docx

Recreación dos Canzorros da Igrexa de Carboentes feitos en Educación Plástica e Visual polos alumnos de 1º da ESO