Causas e consecuencias do despoboamento

O despoboamento en Galicia

Autor do Texto: Yago 1º ESO

Galicia conta con 313 concellos agrupados en 53 comarcas diferentes, distribuídas en catro provincias. Ten arredor de 2,7 millóns de habitantes, concentrados na súa maioría arredor de 7 grandes núcleos urbanos (de maior a menor, Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol), mentres que, no revés da táboa, ata 10 concellos galegos, todos de interior, non superan a cifra de 600 veciños como, por exemplo, o Concello de Beade, Parada de Sil, Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa, Larouco, Río, Pontedeva, A Teixeira en Ourense e Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz en Lugo.

Ademais, Galicia é unha das comunidades autónomas de España con máis núcleos rurais deshabitados, cerca de 4000, o que constitúe o 37% dos núcleos abandonados de España. Isto supón problemas econónicos porque quedan extensas áreas sen actividade agrícola, gandeira ou doutro tipo; perdas patrimoniais e culturais, ao desapareceren elementos arquitectónicos como hórreos, vivendas, muíños, dependencias agrícolas, etc; mais tamén de calidade de vida posto que se van reducindo servizos sanitarios, escolares, de transporte público...

Este proceso de despoboamento do rural comenzou a suceder en Galicia entre 1950 e o ano 2000. Na década seguinte esta situación consolidouse. A falta de oportunidades laborais no rural é unha das causas. Aínda que a agricultura e a gandaría pode ser un negocio rendible, para moitas persoas novas as condicións laborais, son pouco atractivas. Ademais, as dificultades de acceso á propiedade das terras daquelas persoas novas que non as herdaron imposibilita que moitos queden nas aldeas.

A aldea de Barchel

Traballo feito polo alumnado de proxecto competencial de 1º de ESO baseándose no seguinte vídeo: https://youtu.be/vcdIYMhdLec

Deixámosvos aquí ligazóns  que o alumnado foi rastrexando a páxinas web e textos xornalísticos que nos permitan analizar nas aulas as causas e as consecuencias que trae o abandono do rural. A ollada a outras realidades similares non distantes á Remesar pode permitirnos entendelas e a idear proxectos para reverter esta tendencia.