Patrimonio etnográfico inmaterial

Ao longo da historia o ser humano poboou a paisaxe do seu contorno de mitos e lendas que lle axudaron a comprender aquilo para o que non atopaba resposta,  tamén de relatos que servían de lección moral ou entretemento nas longas noites de invernía, de cantigas que namoraban nas fiadas e bosquexaban o sorriso nas entroidadas... Todo ese pulo creativo de xeracións que non tiveron a oportunidade en moitos séculos de recibir un ensino regrado pero que non por iso carecía de sentido estético, que mantivo vivo un idioma castigado polos poderes oficiais, tamén desaparece co abandono dunha aldea. Que tradicións, costumes, saberes, lendas, cantigas, contos, refráns habitaron Remesar? Pescudaremos nesta sección todo o relativo a este patrimonio que non queremos que desapareza e deseñaremos algunha actividade para traballala nas aulas.

O martes 22 de novembro de 2022, o profesor Xoán Carlos García Porral realizou nunha conferencia para 3º e 4º de ESO un repaso das lendas que se ambientan na parroquia de Carboentes, explicándonos as claves dalgúns seres presentes nelas. Deixámosvos a ligazón da páxina que xestiona, onde se xeolocalizan e recollen tamén outras lendas da comarca do Deza.

MAPA DAS LENDAS DA MOURINDADE NA COMARCA DE DEZA  (Blog de Xoán Carlos García Porral) Aquí poderás atopar xeolocalizadas as lendas asociadas á mourindade na Comarca de Deza 

Creación dun conto ambientado en Remesar por parte do alumnado de Proxecto competencial de 5º EP, que tamén contou coa colaboración para as ilustracións de dúas alumnas de 2º ESO e o alumnado de Primaria que fixeron esbozos de posibles ilustracións.

cuento remesar_ebook.pdf

Creación de bandas deseñadas por parte do alumnado de 1º e 3º ESO na que recrearan aspectos estudados e vistos  de Remesar