MAR HERMIDA PICO
María Roja é titulada Superior en Arte Dramática, licenciada en Belas Artes e Máster en Artes Escénicas, gusta de petiscar as artes plástico-visuais, a performance, a creación escénica e a danza. Exhibiu o seu traballo en diferentes exposicións e festivais organizados en galerías, museos, teatros e espazos alternativos nacionais e internacionais.
Rostro habitual das táboas e da ficción televisiva galegas; no campo da interpretación é salientable o seu labor en compañías de artes escénicas de linguaxe posdramática así como a súa participación en producións audiovisuais de feitura experimental.
Foi galardoada con tres premios María Casares á Mellor Actriz Secundaria. Cigarreiras é a súa última obra de teatro, está dirixida por Cándido Pazó. Tamén participou en A peste do Centro Dramático Galego Entrega en man ou O tolleito de Inishmaan de Contraproducións. É habitual en series da TvG como Saudade de ti, Método criminal ou Serramoura.