María Sanz Hervás (Madrid, 15 de marzo do 1987), artísticamente coñecida como María Hervás, é unha actriz española de cine, teatro e televisión, coñecida especialmente pola súa vis cómica en series como “El Pueblo” ou “Machos Alfa” En teatro, representou obras de alto contido social como Confesiones a Alá, Yerma, Iphigenia en Vallecas (mellor actriz protagonista de teatro no 2018 pola Unión de actores e actrices e no 2019 nos premios Max) e Jauría (mellor actriz de teatro nos premios Fotograma de prata en 2020), ademais de ter desenvolvido proxectos propios como escritora, adaptadora e directora.