MAR HERMIDA PICO
María Castro é unha deportista, presentadora, modelo e actriz galega. Campioa de Galicia de ximnasia rítmica e deportiva en todas as categorías, subcampioa de España na modalidade de pelota (1996), diplomada en Maxisterio por Educación Física e licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
Foi protagonisa da obra de teatro La coartada un thriller psicolóxico de Christy Holl dirixido e adaptado por Bernabé Rico (2021). Tamén fixo La Ratonera de Agatha Christie dirixida por Víctor Conde (2010).
Fíxose popular en Galicia a raíz do seu papel na serie Pratos combinados (1995). Máis tarde traballou no serial xuvenil de La Sexta SMS (2006) e a principios de 2008 converteuse nunha das protagonistas da serie Sin tetas no hay paraíso, que lle reportou unha gran popularidade a nivel de España. Tamén é moi coñecida pola súa participación na serie La promesa.