LAIA MARULL
SONIA GAY SÁNCHEZ
Laia Marull naceu en Barcelona (1973). Descubriu a súa paixón pola actuación xa de nena. Estudou na Escola Superior de Arte Dramático de Barcelona e tamén se formou na prestixiosa Escola de Teatro Nancy Tuñón.
Unha tira de Mafalda animouna a probar sorte na actuación, e nunha década conseguiu un triplete de Goyas que a converteu na única actriz que ostenta un por categoría: revelación, reparto e protagonista. Nos últimos anos compaxinou cine e teatro.
Ao longo da súa traxectoria, Laia Marull protagonizou numerosas películas. Un dos momentos clave na súa carreira foi a súa interpretación na película Te doy mis ojos, na que recibiu o Goya á Mellor Actriz.
Tamén participou na exitosa serie de televisión Fariña, na que dá vida a unha valorosa periodista que loita contra o narcotráfico en Galicia.
Debutou no teatro coa obra Roberto Zucco, de Bernard-Marie Koltès, dirixida por Lluís Pasqual, que se representou no Lliure de Barcelona. Seguiu desenvolvendo a súa carreira con obras como "Nina", "Antígona", "Hedda Gabler" ou "La lista". En "Incendios" traballou xunto a Nuria Espert, outra grande actriz e directora de teatro e cine española. No ano 2020 interpretou Mariana Pineda, de Federico García Lorca.
Laia Marull na gala dos Goya
Laia Marull na obra Incendios