Esther Fernández Carrodeguas, nada en Rianxo en 1979 é unha dramaturga, escritora, actriz e directora teatral galega.
É actriz, directora, perfomer pero sobre todo: escritora. Rianxeira de pura raza, asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. Tamén o seu estilo cabalga sobre o espazo liminal que separa os xéneros.
Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia e Licenciada en Xornalismo entre Santiago de Compostela e Turín, os seus proxectos teatrais beben moito da súa faceta xornalística.
Directora durante anos da histórica compañía galega Teatro Airiños, tras levar o Premio Abrente para textos teatrais en 2015 decide dar vida á plataforma profesional ButacaZero xunto a Xavier Castiñeira, quen adoita asumir a dirección dos proxectos comúns.
Membro do consello de redacción da Revista Galga de Teatro e organizadora xunto a Santiago Cortegoso do Torneo Galego de Dramaturxia, na actualidade compaxina a súa faceta como empresaria en ButacaZero coa de ser dramaturga, directora teatral, docente ou guionista de cinema.
Entre as súas obras podemos destacar Voaxa e Carmín, Celtas sen filtro, Taxi, Mulleres que rompen moldes, Barbarie en branco e negro, Loló e Mamá, #camiños, Running, Fantasía nº 5 en Sol ou Non en Neorretranca e Posmorriña e Iribarne.
Ten varias obras publicadas sobre darmaturxia e participou nalgúns volumes colectivos.