(RETRATO ATRIBUIDO A JEAN CLOUET)
Margarita de Navarra (11/4/1492 - 21/12/1549), tamén coñecida como Margarita de Angulema, foi unha muller pertencente á nobreza que chegou a ser raíña consorte de Navarra. Escritora, filósofa e diplomática.
Escribiu distintas obras de diversos xéneros (narrativo, lírico), destacando por ser unha das primeiras mulleres dramaturgas. Dentro da súa obra teatral, Margarita de Navarra escribiu catro misterios ou autos sacramentais e dúas farsas. O seu estilo teatral combina o relixioso co filosófico e o social. Algunha das súas obras máis destacadas son Comédie de la Nativité (1534), Comédie de la Passion (1534) ou La Coche (1541). Tamén escribiu Heptamerón, inspirada no Decamerón de Bocaccio.
Foi, ademais, unha importante mecenas do Renacemento.