Marguerite Duras foi unha escritora e dramaturga francesa, coñecida polo seu estilo innovador e a súa exploración do íntimo, con personaxes pechadas na soidade e no medo ao esquecemento. Nada en 1914, a súa obra teatral, na que destacan Le square ou Savannah Bay, deixou unha pegada profunda no teatro contemporáneo. Duras rompeu as convencións tradicionais, facendo un teatro da linguaxe, utilizando diálogos poéticos e estruturas non lineais que invitan á reflexión. Estivo nominada aos Óscar pola realización do guión da película de Alain Resnais, Hiroshima mon amour.
A súa capacidade para tratar temas complexos como o amor, a soidade e a memoria, consolidouna como unha das voces esenciais na cultura literaria e teatral do século XX.