(20/05/25)
Xa podedes consultar as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas das Mañás de campamento 2025.
De estar admitidos/as, podedes proceder a formalizar a matrícula mediante o pago das taxas correspondentes na Oficina Virtual Tributaria do Concello de Culleredo.
Tedes a continuación da lista unha guía paso a paso para proceder ao pago.
O prazo para realizar o pago acaba o 2 de xuño ás 14:00 horas.
A non formalización da matrícula en prazo implica a perda automática da praza.
(14/05/25)
Mañá día 15 de maio, ás 12:00 horas, farase un sorteo para establecer unha lista de agarda unicamente con aquelas persoas non empadroadas que solicitaron praza nas Mañás de campamento.
O día 20 de maio publicaranse as listas definitivas e comezará o prazo de formalización de matrícula.
(07/05/25)
Recordade que ata o 12 de maio podedes reclamar ante calquera erro ou omisión que haxa nas listas, así como achegar a documentación que consideredes pertinente. Podedes facelo no teléfono 981665597 en horario de 09:00 a 14:00 horas e no correo electrónico campamentos@culleredo.es
Aquelas persoas ás que se lle requirise por correo electrónico o documento Declaración Responsable e non o entreguen, quedarán excluídas do proceso. A este mesmo respecto, recordarvos que de asinar o documento unha soa persoa, precisamos a xustificación do motivo correspondente.
Aquelas persoas que teñan marcado en Observacións "Dúas quendas consecutivas" terán que escoller a quenda que queren ou, por defecto, se lles asignará unicamente a primeira que teñan solicitada.