Prazo extraordinario

Os días 5 e 6 de xuño ofreceranse as prazas vacantes a aquelas persoas que non teñan concedido ningún campamento ou ás que precisen dunha segunda quenda de campamento. Nos dous casos será imprescindible xustificar debidamente a necesidade de conciliación


Haberá dúas formas de solicitar praza:

Un. Prioritariamente, a través do formulario correspondente que estará aberto desde o 5 de xuño ás 09:00 ata o 6 de xuño ás 14:00 horas

Dous. Para aqueles casos nos que non se poida acceder ao formulario, de forma presencial, os mesmos 5 e 6 de xuño, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

A partir do propio 5 de xuño poñerémonos en contacto unicamente con aquelas persoas que teñan praza para que acheguen a documentación xustificativa que se lle indique.


MOI IMPORTANTE

Un. As prazas son moi limitadas. Adxudicaranse por estrita orde de chegada e terán prioridade as persoas empadroadas. 

Dous.  Non se aceptarán solicitudes por ningunha outra vía das descritas con anterioridade.

Tres. A inscrición non implica, en ningún caso, a matrícula directa no campamento.