ACTUALIZACIÓN LISTAS DEFINITIVAS 11/05/2026
Xa podedes consultar as listas definitivas das persoas admitidas nas Mañás de campamento 2026, a lista de agarda e a lista de persoas excluídas do proceso. Podes consultar tamén a acta do sorteo que se realizou o pasado venres 8 de maio a partir das 10:00 horas no Edificio de Servizos Múltiples e da que resultou a orde da concesión de prazas e da lista de agarda.
As persoas admitidas poden proceder a realizar a formalización da matrícula segundo as instrucións que tamén se achegan máis abaixo.
O prazo para formalizar a praza acabará o día 22 de maio ás 14:00 horas e, en atención á alta demanda e ás persoas en lista de agarda, seremos absolutamente estritos neste prazo.
No caso de que queden prazas vacantes ao final ou durante a fase de formalización de matrícula (por renuncia das persoas que teñan praza adxudicada), chamarase ás persoas da lista de agarda por estrita orde de preferencia ao primeiro número de teléfono que conste no formulario de solicitude de praza ata dúas veces en diferentes franxas horarias. De non contestar, pasarase automaticamente á seguinte persoa da lista e a anterior perderá o dereito á praza.
PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS 04/05/2026
Xa podedes consultar as listas provisionais que aparecen ordenadas en catro bloques seguindo os criterios de prioridade que se indicaban nas bases e, dentro de cada bloque, por orde alfabética.
Ás persoas que aparecen no bloque 2 cun asterisco en lugar de número se lles requiriu por correo electrónico documentación imprescindible para ter en conta a solicitude de praza e, de non entregala antes da publicación da lista definitiva, quedarán fóra do proceso.
De existir algún erro, podedes comunicalo por mail (campamentos@culleredo.es) ou por teléfono (981665597) ata o vindeiro día 7 de maio ás 14:00 horas.
Debido á altísima demanda, os bloques 2, 3 e 4 irán -cada un por separado e mantendo a súa orde de preferencia- a sorteo.
O sorteo celebrarase o vindeiro día 8 de maio ás 10:00 h no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e determinará a orde de adxudicación de prazas e a lista de agarda.
Realizarase da seguinte maneira:
-Asignarase a cada persoa un número seguindo a orde de presentación do formulario de solicitude de praza.
-Para aquelas persoas que repetiron a presentación do formulario, terase en conta unicamente o último dos presentados.
-Asignarase o mesmo número a cada menor que forme parte dun mesmo núcleo familiar.
-Extraerase un número aleatorio por cada bloque utilizando unha aplicación de xeración de número aleatorio.
-Levantarase acta do proceso e do resultado.