Matrícula

COMO FACER A MATRÍCULA


Unha vez que se comprobe que a/o nena/o foi admitida/o nas Mañás de campamento 2024, poderase formalizar a matrícula.

OLLO: O prazo de matrícula modificouse con respecto ás datas inicialmente previstas e agora é do 13 ao 24 de maio ata as 14:00 horas.  

Non se aceptarán en ningún caso ou circunstancia formalizacións de matrícula con data e hora posterior á aquí marcada.

A formalización da matrícula farase co pago da cota que corresponda e o envío do xustificante ao correo electrónico campamentos@culleredo.es.

O pago deberá facerse a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Culleredo (OVT)

Aquí tedes unha guía para facer o pago:

GUÍA OVT.pdf

Se unha vez que remate o prazo de matrícula, as persoas admitidas non formalizaron a mesma, perderán a praza e chamarase (ata dúas veces) ás que figuran na lista de agarda pola orde na que aparecen.


AUTORIZACIÓNS PARA A RECOLLIDA DOS MENORES


Recorda que o primeiro día, segundo a data que corresponda, haberá que entregar na instalación do campamento debidamente cuberto e asinado por ambos os proxenitores (agás nos casos debidamente xustificados) o documento Autorizacións para a recollida dos menores, que podes descargar aquí, no que constarán o nome, apelidos, DNI/NIE/Pasaporte e teléfono de contacto daquelas persoas que estean autorizadas a recoller o/a menor do campamento.