DATAS DO PROCESO
SOLICITUDE DE PRAZA
Do 13 ao 22 de abril (ambos os dous incluídos), de dúas maneiras:
-Prioritariamente a través do formulario correspondente.
O formulario estará aberto desde o día 13 de abril ás 09:00 h ata o 22 de abril ás 13:00 h.
Para acceder ao formulario é necesaria unha conta de Gmail/Google.
Se non dispós de conta de Gmail/Google, podes poñerte en contacto co Servizo municipal de Educación para buscar unha alternativa.
-Nos casos nos que non se poida acceder ao formulario, de forma presencial os mesmos días en horario de 09:00 a 14:00 h no Edificio de Servizos Múltiples (agás o día 22 de abril que será de 09:00 a 13:00 horas).
Consulta aquí a documentación que necesitas achegar para ambas as formas de solicitar praza nos campamentos.
Non se aceptarán solicitudes de praza por ningunha outra vía.
LISTAXE PROVISIONAL
O 4 de maio colgarase aquí a listaxe provisional de persoas admitidas.
PRAZO DE RECLAMACIÓN
Desde o momento no que se publique a listaxe provisional e ata o 7 de maio ás 14;00 horas.
SORTEO PÚBLICO
De darse o caso de existir máis solicitantes que prazas, realizarase un sorteo público o 8 de maio ás 10:00 h na sala de vídeo do Edificio de Servizos Múltiples. As condicións do sorteo, de chegar a ser necesario, anunciaranse no seu momento.
LISTAXE DEFINITIVA
O 11 de maio colgarase aquí a listaxe definitiva de persoas admitidas e, de ser o caso, das que quedan en listaxe de agarda.
MATRÍCULA
Desde o momento no que se publique a listaxe definitiva ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.
Consulta aquí como realizar a matrícula.
PRAZO EXTRAORDINARIO
Os días 1 e 2 de xuño, de ser o caso de quedar prazas vacantes, ofreceranse por orde de chegada a aquelas persoas que non teñan concedido ningún campamento ou que, por razóns de conciliación, necesiten unha segunda quenda de campamento.