SOLICITUDE DE PRAZA
Do 24 de novembro ás 09:00 horas ao 28 de novembro ás 14:00 horas prioritariamente a través do formulario correspondente.
Para acceder ao formulario é necesaria unha conta de Gmail/Google. Se non dispós de conta de Gmail/Google ou tes algún problema coa subida da documentación, podes poñerte en contacto con nós para buscar unha alternativa.
O formulario poderá cubrirse de forma presencial os mesmos días en horario de 09:00 a 14:00 h no Edificio de Servizos Múltiples.
RECORDA QUE A INSCRICIÓN IMPLICA A SOLICITUDE DE PRAZA NO CAMPAMENTO, PERO O PROCESO NON ESTARÁ COMPLETO ATA QUE SE FORMALICE A MATRÍCULA.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
A documentación que se deberá presentar co formulario é a seguinte:
1. O documento Declaración responsable e autorizacións cuberto e asinado polos dous proxenitores. Nos casos nos que unicamente asine un proxenitor terán que vir acompañados ademais e OBRIGATORIAMENTE da pertinente xustificación.
2. A documentación que acredite a necesidade de conciliación, de ser o caso, dos dous proxenitores:
-informe ou certificado da empresa no que conste que non ten vacacións no período no que se celebra o campamento.
-no caso de autónomos, último recibo de pago.
Para outras circunstancias, podedes consultar co Servizo municipal de Cultura e Educación.
3. No caso de nenas e nenos con NEE/NEAE, OBRIGATORIO informe actualizado que acredite que ten habilidades para a vida diaria e compatibilidade para a participación nesta actividade. É recomendable consultar co Servizo municipal de Cultura e Educación as condicións de participación particulares de cada neno/a.
4. As familias non empadroadas que aleguen domicilio laboral en Culleredo deberán presentar tamén o correspondente xustificante.
5. No caso de bonificación, o correspondente xustificante que a acredite.
A DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGUE TEN QUE ESTAR VIXENTE, SER LEXIBLE, ESTAR COMPLETA E, DE SER O CASO, DEBIDAMENTE ASINADA.
TODA A DOCUMENTACIÓN MARCADA COMO OBRIGATORIA É OBRIGATORIA E, POLO TANTO, DE NON ENTREGALA NOS PERÍODOS PREVISTOS NO PROCESO IMPLICARÁ A NON CONSIDERACIÓN DA SOLICITUDE DE PRAZA.
CRITERIOS DE PREFERENCIA
O número de prazas no campamento é limitado polo que existirán criterios de preferencia para o acceso ás mesmas. Estes criterios son:
Primeiro. Familias empadroadas ou con domicilio laboral en Culleredo con necesidade de conciliación debidamente acreditada.
Segundo. Familias empadroadas en Culleredo que non acrediten necesidade de conciliación
Terceiro. Familias non empadroadas.
LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS
O 3 de decembro colgarase aquí a listaxe de persoas admitidas.
De darse o caso de existir máis solicitantes que prazas unha vez aplicados os criterios de preferencia, realizarase un sorteo público o 2 de decembro. O horario e condicións deste sorteo anunciaranse no seu momento.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Unha vez comprobada a admisión no campamento E NON ANTES, será necesario realizar a formalización da matrícula co pago da cota correspondente a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello e o envío do xustificante de pago ao correo campamentos@culleredo.es ata as 14:00 horas do 10 de decembro.
PREZOS
Os prezos para o campamento de Nadal, servizos complementarios e bonificacións son os que se recollen nos prezos públicos vixentes:
Campamento: 42,00 euros (persoas empadroadas)/84,00 euros (persoas non empadroadas).
Servizos complementario de xantar (de 14:00 a 16:00 horas): +58,00 euros.
Servizos complementario de almorzo (de 07:30 a 09:00 horas): +25,00 euros.
Bonificacións: 50 % por persoa inscrita para familias numerosas.
20 % só na/o segunda/o filla/o inscrito no campamento para familias non numerosas.
Tarifa especial con informe da traballadora social de referencia.
AS BONIFICACIÓNS NON SON ACUMULABLES.