COMO FACER A SOLICITUDE DE PRAZA
Podes facer a inscrición de dúas maneiras:
-Prioritariamente, a través do formulario correspondente. O formulario estará aberto desde o día 13 de abril ás 09:00 h ata o 22 de abril ás 13:00 h.
Para acceder ao formulario é necesaria unha conta de Gmail/Google. Se non dispós de conta de Gmail/Google, podes poñerte en contacto co Servizo municipal de Educación para buscar alternativa.
-Nos casos nos que non se poida acceder ao formulario, de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, os mesmos días en horario de 9:00 a 14:00 h (agás o día 22 de abril que será ata de 09:00 a 13:00 horas).
Non se aceptarán solicitudes de praza por ningunha outra vía nin fóra de prazo.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FACER A INSCRICIÓN
Tanto a través do formulario como de forma presencial, necesitaremos que nos achegues a seguinte documentación:
1. O documento Declaración responsable cuberto e asinado polos dous proxenitores. Os casos nos que só asine unha persoa terán que vir acompañados OBRIGATORIAMENTE da pertinente xustificación. Podes baixar este documento aquí.
2. A documentación que acredite a necesidade de conciliación, de ser o caso, dos dous proxenitores:
--informe ou certificado da empresa no que conste que non ten vacacións no período no que se celebra o campamento.
-no caso de autónomos, último recibo de pago.
Podedes consultar con nós a documentación a presentar noutras circunstancias.
3. No caso de nenos e nenas con NEE/NEAE: OBRIGATORIO informe que acredite que ten habilidades para a vida diaria e compatibilidade para a participación nesta actividade.
4. As familias non empadroadas que aleguen domicilio laboral en Culleredo deberán presentar o correspondente xustificante.
5. Familias numerosas: copia do título de familia numerosa.
6. Familias monoparentais: certificado expedido pola Consellaría de Política Social.
RECORDA QUE A INSCRICIÓN IMPLICA A SOLICITUDE DE PRAZA NO CAMPAMENTO, PERO O PROCESO NON ESTARÁ COMPLETO ATA QUE SE FORMALICE A MATRÍCULA (consulta aquí os prazos).
TODA A DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGUE TEN QUE SER LEXIBLE, ESTAR COMPLETA E, DE SER O CASO, DEBIDAMENTE ASINADA.
TODA A DOCUMENTACIÓN MARCADA COMO OBRIGATORIA É OBRIGATORIA E, POLO TANTO, DE NON ENTREGALA NOS PERÍODOS PREVISTOS NO PROCESO IMPLICARÁ A NON CONSIDERACIÓN DA SOLICITUDE DE PRAZA. ASÍ MESMO, A DOCUMENTACIÓN MARCADA COMO OBRIGATORIA É TAMÉN PRECEPTIVA PARA AS PERSOAS SOLICITANTES DE TARIFA SOCIAL.
NO CASO DE DÚBIDAS NA VERACIDADE DA DOCUMENTACIÓN, NAS SINATURAS OU NOS DATOS QUE SE INCLÚAN, O CONCELLO DE CULLEREDO PODERÁ REQUIRIR OS ORIXINAIS OU DOCUMENTACIÓN ADICIONAL Á QUE SE ACHEGUE.
A OMISIÓN DE DATOS DE ESPECIAL RELEVANCIA QUE IMPLIQUEN O INCUMPRIMENTO DAS NORMAS E A FALTA DE VERACIDADE E/OU SUPOÑAN UNHA INCIDENCIA DIRECTA NA NORMAL E CORRECTA PARTICIPACIÓN DO MENOR NO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE OU DA SÚA ORGANIZACIÓN IMPLICARÁ A EXCLUSIÓN DA MESMA.