NORMAS E CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
HORARIOS
O campamento realizarase desde as 9:00 ata as 14:00 horas no CEIP P. Vila de Rutis.
As persoas usuarias do servizo de xantar poderán saír entre as 15:00 e as 16:00 h por petición da familia.
As persoas usuarias do servizo de almorzo deberán incorporarse entre as 7:30 e as 8:15 h.
As familias deben ser puntuais á entrada e á saída: o monitorado non se fará responsable dos/as nenos/as que non sexan recollidos en tempo.
ENTRADA E SAÍDA DAS NENAS E NENOS
As familias deixarán e recollerán á/ao nena/o no lugar que indique o monitorado. Non se poderá deambular polas instalacións dos centros sen autorización do/a coordinador/a do campamento.
Ao rematar o campamento, os nenos e nenas serán entregados ás persoas adultas autorizadas a recollelos no mesmo punto de entrega.
Ningún menor poderá abandonar o recinto do campamento sen autorización do/a coordinador/a do mesmo e sempre o fará acompañado dos seus pais ou dunha persoa adulta autorizada por escrito polo responsable do/a menor ante o/a director/a do campamento.
NO CASO DE ACCIDENTE OU DOENZA
Se un/ha neno/a ten febre ou se atopa mal antes do inicio da actividade, polo seu ben e polo da comunidade, non se debe enviar ao campamento.
No caso de lesión de importancia, chamarase á familia que deberá acudir o antes posible ao centro médico máis próximo co/a neno/a, ou chamarase unha ambulancia, de ser o caso.
Se un/ha neno/a se pon enfermo/a durante as actividades do campamento, o/a director/a do mesmo chamará á familia para que pasen a recollelo.
COMUNICACIÓN ENTRE FAMILIAS E CAMPAMENTO
Durante a realización dos campamentos, o pai/nai/titor deberá ter, en todo momento, os teléfonos operativos para poder localizalos no caso de que se produza calquera incidencia.
Poñerase a disposición das familias un número de teléfono ao que poderán chamar, de ser o caso de necesidade, para comunicar calquera incidencia que teña que ver co campamento e o/a seu/súa fillo/a: ausencia, consulta médica etc.
UTILIZACIÓN DE TELÉFONOS MÓBILES E OUTROS APARATOS ELECTRÓNICOS
Os/as nenos/as non terán que traer teléfono móbil nin ningún outro aparato electrónico porque xa o pasarán ben abondo.
EQUIPAMENTO DOS PARTICIPANTES
Recoméndase a todos/as os/as participantes que leven roupa cómoda e calzado axeitado axustado ao pé.
Os máis pequenos deberán deixar o primeiro día de campamento nas instalacións unha bolsa cunha muda completa que recollerán ao finalizar a actividade.
Todos os días, os/as participantes deben levar auga e un refrixerio para tomar a media mañá (bocadillo, froita...).
As bolsas, mochilas, roupa e, en xeral, as súas pertenzas deben estar rotuladas co nome.
NORMAS DE COMPORTAMENTO
No caso de aqueles/as nenos/as que presenten dificultades de adaptación ás actividades que se desenvolven ou problemas de comportamento, previo acordo do equipo de monitorado, dirección do campamento e coordinador/a do programa, serán citadas as familias a unha entrevista na que se adoptarán as medidas máis axeitadas para o correcto desenvolvemento do campamento, podendo tomarse a decisión, incluso, de apartar ao/á neno/a da actividade.
Para o correcto funcionamento destas actividades, todos e todas, participantes e familias, debemos colaborar activamente no cumprimento destas normas de participación e convivencia.
PERDA DE OBXECTOS
A organización non se fai responsable da perda de obxectos durante a celebración do campamento. Os obxectos que non se recollan poñeranse a disposición das persoas interesadas no Servizo municipal de Educación do Edificio de Servizos Múltiples durante o período de 30 días e, unha vez pasado este período, serán desbotados.