Unha das excursións que non vos podedes perder é a ruta pola zona do “Cabo Ortegal” e o "Cabo Estaca de Bares".
A ruta comeza no Cabo de Estaca de Bares, alí é onde se unen o Mar Cantábrico e o Océano Atlántico. Hai un pequeno camiño que vos leva ata ao punto máis ao norte do norte, desde onde podedes ver “Os Tres Aguillóns”, pequenos illotes rochosos.
Se mirades cara ao oeste veredes os impresionantes cantís de A Serra da Capelada
onde se refuxiou San Andrés de Teixido no seu lendario santuario, que é outra das visitas obrigadas.
Antes de chegar á estrada que vos levará ata o faro, podedes descubrir o pequeno porto mariñeiro de Bares e tamén a praia de Esteiro en Mañón. É unha praia de fina area branca con dunas e un piñeiral con mesas para comer e descansar.
Praia de Esteiro
Outra ruta que podedes facer é a ruta do Medievo (GR 50) que une Betanzos e o Cabo Ortegal a través de cinco etapas de aproximadamente 20 quilómetros cada unha, uns 95 quilómetros en total.
GR 50- Ruta do Medievo
ACCESOS: O sendeiro comeza no Coto de Chelo, ás aforas da vila de Betanzos, situada na N-VI, cerca de A Coruña.
PUNTO DE PARTIDA/CHEGADA: Betanzos - Cabo Ortegal
PERCORRIDO: Betanzos, Pazo de Irixoa, Mosteiro de Monfero, Mosteiro de Caaveiro, Naraío, Moeche, Punta Candeira, S. Andrés de Teixido, Cabo Ortegal.
LONXITUDE: 90-95 km.
DURACIÓN: 23 h. 3 - 4 días
DIFICULTADE: Media
É un sendeiro de Gran Percorrido que transcorre polo norte da provincia de A Coruña, desde o Coto de Chelo, nas aforas de Betanzos, ata os cantís de Punta dos Aguillóns, no Cabo Ortegal. A ruta atravesa vales e zonas baixas da Galicia interior, onde hai bosques de carballos, castiñeiros e piñeiros, xunto coa vexetación das zonas de ribeira.
No camiño podedes atopar arquitectura medieval e tamén encontraredes mosteiros levantados en lugares escondidos que ofrecen as mellores paisaxes da zona: como o mosteiro de Monfero, o mosteiro de Caveiro (no Parque Natural “As Fragas do Eume”), os castelos de Naraío e Moeche e, xa case ao final, San Andrés de Teixido.
A ruta pasa por dez termos municipais (Betanzos, Coirós, Paderne, Irixoa, Monfero, A Capela, San Sadurniño, Moeche, Cerdido e Cedeira). E está baseada no percorrido que facían os Andrade (señores feudais da zona) para cobrar os tributos aos campesiños.
O camiño remata na Serra da Capelada, onde hai cabalos en liberdade e cantís que caen directamente ao mar.