É un faro galego situado no cabo Ortegal (provincia de A Coruña), construído entre 1982 e 1984. Dada a súa época de construción non dispón de casa de fareiro, xa que dende o principio controlouse automaticamente.
É unha torre cilíndrica de formigón. Ten 3 metros de diámetro e 12,70 de altura. É branco, cunha banda vermella, e dous balcóns de 4,70 m de diámetro. A cor vermella pretende facelo máis visible.
Está presente no cabo, guiando a navegación de buques, aínda que tamén é testemuña do paso de aves mariñas e de cetáceos por estas costas a miúdo embravecidas.