O faro do Cabo Ortegal quítanos a respiración pola súa localización. Ten unhas vistas envexables: se miramos de fronte, vemos uns aguillóns afiados onde os “percebeiros” arriscan a súa vida para obter o percebe. Os Aguillóns” teñen nome, chámanse, de esquerda a dereita: “Ínsua Maior”, “Cabalo Xoán”, “Tres Irmáns”, “A Longa” e “O Rodicio”
O cabo limita cara ao leste cunha ría chea de “humedais” de gran valor ecolóxico como é a ría de Cariño e Ortigueira. A localidade máis próxima ao faro é Cariño, porto pesqueiro de importancia.
Á dereita esténdese a ría de Ortigueira cos seu cantís e os seus areais.
Ortigueira
Cariño
Máis ao leste, podemos ver o cabo de Estaca de Bares, o punto máis ao norte de España.
Punta do Limo
Cara ao oeste temos ante nós os impresionantes cantís da Serra da Capelada, así como a Punta do Limo, que acollen á poboación de San Andrés de Teixido e ao seu santuario. A altura máxima represéntase polo alto de “Vixía Herbeira” con 613 m sobre o mar.
A escarpada costa desde o cabo Ortegal a Vixía Herbeira acaba de ser catalogada pola Unión Europea como Lugar de Interese Comunitario “Costa Ártabra”, debido non só á súa singularidade morfolóxica, senón tamén ao seu interese natural e xeolóxico.