Ortegal é un Complexo Xeolóxico de Interese Internacional. Rochas básicas, ultrabásicas, gneis ou ecloxitas (pedras de gran dureza e moi resistentes á erosión) abundan no cabo. Pero é o granito negro a rocha máis espectacular. Este granito negro formouse baixo a superficie terrestre, a partir de magma, hai aproximadamente 1160 millóns de anos. Aquí atopamos as formacións rochosas máis antigas da Península Ibérica.
Só hai rochas tan antigas en Polonia, Terranova e Australia. Os xeólogos contan que Ortegal foi nalgún momento o centro da Terra.
Hai teorías que defenden que estes catro puntos estiveron unidos cando a terra só tiña un continente (Panxea). Panxea fracturouse nos cinco continentes actuais. Ortegal, Terranova, Polonia e Australia, formarían o centro de Panxea.
Fronte ao cabo Ortegal emerxen das augas Os tres Aguillóns, un curioso arquipélago que aínda que parecen tres afiadas rochas, en realidade posúe cinco illotes.
Un estudo calcula que teñen 1156 millóns de anos, o dobre das máis vellas coñecidas ata agora, isto axuda a recompoñer o quebracabezas na formación histórica dos continentes.
As rochas estaban a unha gran profundidade, ata que hai 200 millóns de anos, cando os continentes aínda estaban agrupados formando Panxea, afloraron. Despois de agruparse, fracturáronse deixando polo camiño 700 m de cantís, no que agora é o Cabo Ortegal.