Boa parte do seu territorio está catalogado como espazos naturais protexidos.
Entre os cabos Ortegal e Estaca de Bares está a praia de Morouzos (Ortigueira) con dunas e bosques de piñeiros (Pinus pinaster) que é onde se monta a acampada para os visitantes que van ver o Festival de Música Celta de Ortigueira a primeiros de xullo.
O interior de Ortegal é un lugar con abundantes pastos e eucaliptos (Eucalyptus globulos), un dos maiores bosques de Europa. Hai lugares no interior con fragas (bosques autóctonos) como “Los Loureiros”, o maior conxunto de castiñeiros (Castanea sativa) da Comarca de Ortegal, a “Fraga de Os Casás”...
Nas beiras dos ríos medran bidueiros (Betula pendula) e salgueiros (Salix).
Fraga de Os Casás.
Tamén é importante destacar a herba de namorar (Armeria marítima) que é unha planta que abunda pola zona, sobre todo en San Andrés de Teixido.
Ademais de castiñeiros (Castanea sativa) e eucaliptos (Eucalyptus globulos), en Ortegal hai outra xoia que aínda non ten sido suficientemente valorada: a floración das maceiras (Malus domestica) nos vales do río Mera. Pasear en maio a pé, en coche ou a cabalo entre os miles de maceiras de flores brancas respirando o seu arrecendo, é unha das sensacións más pracenteiras que se poden vivir na Comarca.
Na primavera, nos buratos dos cantís, hai gaivotas patiamarelas (Laurus michaellis) e tamén hai choias biquivermellas (Pyrrhocorax pyrrhocorax)
Paíños comúns (Oceanites oceanicus),
Merlos azuis (Monticola solitarius)
macho
femia
Corvos mariños (Phalacrocorax aristotelis) e falcóns peregrinos (Falco peregrinus)
Cando chega o outono moitas aves mariñas migran cara ao sur.
Tamén é habitual contemplar cetáceos como:
arroaces (Tursiops truncatus),
Caldeiróns (Globicephala melas)
e, nalgunhas ocasións, tamén podemos ver baleas (Balaenidae).
Nestas augas embravecidas, as correntes tropezan cada día cos acantilados máis escarpados de Europa onde se agarran os crustáceos máis cotizados do litoral galego.
Ás veces, podemos ver cabras (Capra aegagrus hircus) subidas aos perigosos cantís.
Pola súa complexa orixe xeolóxica e a singularidade da súa flora e fauna, a península do Cabo Ortegal está declarada Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.