Imaxe da morfoloxía do castro e do foxo
No lugar de Beo (parroquia de San Pedro de Barizo) está o castro de Punta Galiana ou Entretorres, situado nun saínte moi abrupto e rochoso da costa.
Está estratexicamente situado entre a desembocadura do río Vaa e o chamado Porto da Tella. Conta con dous enormes parapetos na zona sur, e un foxo entre eles, pola única parte de acceso da península na que se atopa.
Mide arredor de dúas hectáreas e todo o terreo que está despois dos parapetos, duns 175 metros, é moi chan.
Polo lado do mar non amosa defensa ningunha. Polo medio do asentamento podemos observar algúns muros de pedra que parecen recentes e posiblemente froito da división de terreos agrícolas.
Conta con dúas entradas que parecen o resultado da derruba das defensas, pero pola que está máis ao oeste vese moita pedra no corte das murallas, polo que podería tratarse da entrada principal.
Para o historiador Antonio A. Rodríguez Casal é “un castro perfectamente marítimo” e no tocante a súa morfoloxía “un dos máis interesantes de Bergantiños”, pero como está sen escavar, nos se sabe que datos poderá agachar no seu interior.