Entre as lendas de Punta Nariga circula a seguinte:
É o caso da chamada Pedra da Couce, un baixo situado ao pé do faro de Punta Nariga e que, segundo conta a lenda, acabou alí a causa dun couce que lle propinou o cabalo do Apóstolo Santiago.
O faro está nunha costa rica en percebes e da súa captura viven moitos dos mariñeiros de Barizo, a aldea na que está o faro. Un dos seus veciños escribiu o seguinte poema dedicado a estes homes que tantas veces deixaron a vida na procura dos apreciadas percebes.
Mariñeiros de Barizo,
Fillos do mar ou do vento
E dunha estrela sen norte
Perdida no ceo inmenso.
Dende Roncudo ás Sisargas
Non queda un soio cornecho
Nin unha punta, nin laxe,
Nin baixío, nin penedo
Que non bicaran as plantas
Dos vosos pés tan lixeiros.
Mariñeiros de Barizo,
Sodes reis dos percebeiros
De toda a Costa da Morte
É dicir: do mundo enteiro.
X.M.POSE MESURA