Foto de Carlos Briones
Simula un barco de pedra que reta ao mar. Esta forma de barco está ben lograda grazas ás súas tres partes ben diferenciadas. A súa base, triangular, reproduce a proa que encara ao mar e parece que vai romper as ondas dun momento a outro.
Sobre esta base érguese unha estrutura de forma cuadricular que aparenta a ponte de mando dun barco. Encima dela, o propio faro, que reproduce o mastro.
Ademais, retando ás furiosas ondas e como mascarón de proa encontramos O atlante, una escultura en bronce, obra do escultor Manolo Coia.
O faro entrou no funcionamento no ano 1998. O arquitecto foi César Portela.
Ano de proxecto:1990
Ano de Construción:1994-1995
Proxecto: César Portela
Dirección de obra: César Portela
Execución técnica: José Antonio Suárez Calviño
Colaboradores: Fabián Estévez Rodríguez, Serafín Lorenzo Cadilla
Promotor: Dirección General de Costas, Puertos y Señales Marítimas
En 1995 recibiu o Premio Dragados y Construcciones de Arquitectura.
Nacido no Hio (Cangas) en 1940 e falecido en Vigo o 5 de xuño de 2017
As formas que crea Manolo Coia non foxen o drama cando é lei de vida, pero tampouco esquecen a poesía que na vida existe. Son formas fortes e agradables á vez. De buscar algún lugar común, de referencia, habería que enmarcalas dentro do chamado realismo máxico.
A situación do faro, nunha zona de rochas graníticas fortemente atacadas pola erosión do vento e da auga dá lugar curiosas formas que chaman poderosamente a atención dos visitantes.