Recepción profesorado francés

VISITA DAS VISITA DAS PROFESORAS DO LYCÉE GUY CHAUVET

A última semana de xaneiro, coincidindo coa mobilidade de alumnado, no IES de Mos tamén recibimos a visita de tres profesoras do Lycée Guy Chaveut para facer un jobshadowing e observar como é a vida dentro do noso centro. Moitas das actividades son comúns as feitas polo alumnado visitante, sempre co fin de facer comunidade, pero tamén fixemos outras exclusivamente para este profesorado.

Aproveitamos que somos un instituto con bacharelato de artes para mostrar como funcionan estas materias a través de pequenos desdobles en asignaturas como o Proxecto Competencial de 3º ESO no que usamos máquinas de coser (ligado a Polos Creativos) e a asignatura de Linguaxe a práctica musical (1º Bach).


A maiores, as profesoras francesas asistiron a distintas sesións lectivas como, por exemplo, unha clase de Lingua Castelá que se desenvolveu na biblioteca, unha búsqueda do tesouro entre alumnado de 2º ESO, para dar a coñecer este espazo ao mesmo tempo que lles ensinábamos como buscar distintos libros dentro da biblioteca.  Despois asistiron a unha clase de Bioloxía blingüe na que se repasou o nombre da flora e fauna galega mediante un bingo así como a distintas clases de Lingua Francesa e PDC para observar o día a día no centro.

Según foi avanzando a semana, a temática centrouse mais no concepto de INCLUSIÓN e ,por iso, as nosas visitantes asistiron a unha sesión da nova materia de proxecto competencial co mesmo título "INCLUSIÓN NAS AULAS" e participaron na creación de poemas inclusivos a partir de imáxenes cun grupo de 4º ESO.

A semana rematou cunha entrevista feita por unha selección de rapazas de 4º ESO na que preguntan as profesoras como se sentiron no instituto, que foi o que mais lle gustou e tamén lles pediron que falasen un pouco do súa rutina en Loundon, para saber cales son as diferenzas entre ambos sistemas educativos.