Recepción alumnado Grecia

Visita do alumnado grego do Gymnasio Pyrgo 1

Durante a semana do 17 de abril tivemos unhas visitas moi especiais... OS NOSOS COMPAÑEIROS GREGOS  DO PROXECTO ERASMUS!

O que estamos a facer esta semana co alumnado de Mos e de Pyrgos é o seguinte:

 

A colaboración principal co instituto de Pyrgos en Grecia (o nome do centro é Gymnasio Pyrgo 1) xira en torno á sostibilidade e ao medioambiente. Preparáronse varias actividades ao longo da semana que non so teñen que ver con esa temática senón tamén co traballo do grupo de Sostibilidade do instituto. Houbo varios alumnos que prepararon presentacións sobre a contaminación nos océanos, a fast fashion, a perda de insectos polinizadores e sobre o funcionamento das comunidades de montes. Temáticas nas que traballaron ao longo do curso. 

O luns pola tarde fixéronse as presentacións, viuse un documental e fixéronse debates. Ademais, o alumnado de Pyrgos e de Mos coñeceuse mellor a través de distintas actividades de teatro.


O martes 16 fíxose unha limpeza de residuos en praia América. Recolleuse moito lixo! Á volta houbo dous obradoiros paralelos:

1.- Ver con microoscopio os microplásticos que hai nas mostras de area que se recolleron na praia.

2.- Obradoiro de compostaxe da man da Diputación de Pontevedra co programa “Ponte a zero”



O mércores 17 o alumnado foi a Tameiga en Mos xunto coa Comunidade de Montes de Tameiga. O alumnado construíu varios hoteis de insectos. Un vai quedar en Tameiga e tres virán ao IES.


O xoves 18 todo o grupo Erasmus+ colleu o barco rumbo ás Illas Cíes! Alí desenvolvéronse dous roteiros (un en galego e outro en inglés), con fin de coñecer mellor o ecosistema das illas. Posteriormente, fixeron unha gymkana na que o obxectivo final era recoñecer distintas especies galegas, sobre todo aves propias da zona atlántica.



ILLAS CÍES

Finalmente, o venres 10 utilizáronse os residuos que se recolleron en Praia América para facer un proxecto artístico (en colaboración co departamento de Educación Plástica) Os nosos alumnos e alumnas convertéronse en artistas e imitaron a obra de PABLO PICASSO. Quedaron ben bonitos!