Visita do alumnado ao centro grego en Pyrgos

MOBILIDADE DE GRUPO AO CENTRO Gymnasio Pyrgo 1 

Comezamos con moitísima ilusión coas primeiras mobilidades ao extranxeiro do noso alumnado. Despois de facer unha selección fixándonos nos méritos de cada estudante (participación en proxectos, nivel de idioma, implicación no proxecto...) por fin temos aos nosos representantes co noso centro grego, Gymnasio Pyrgo:  Ismael Pato, Laura Nogueiras, Sabela Besada, Israel Romero y Zayra Pamías. 

Eles estarán visitando ao noso socio durante unha semana (do 4 ao 9 de marzo) e durante a fin de semana aproveitarán para coñecer Atenas, unha cidade de referencia para a cultura e a orixe da literatura e a filosofía.

As temáticas principais deste proxecto xirán entorno a concienciación medioambiental, a importancia de darlle un segundo uso aos distintos materiais e o recoñecemento do patrimonio cultural e natural das distintas rexións. Con isto en mente, os nosos representantes realizaron distintas actividades en compañía do alumnado do centro grego así como doutros centros homólogos, pois tratábase dunha xuntanza de varios centros ao mesmo tempo con alumnado de Eslovaquia e Lituania) 

OBRADOIROS DE SOSTIBILIDADE

Durante a semana os nosos enviados especiais fixeron distintos obradoiros relacionados con sostibilidade:  aprenderon a facer xabóns e visitaron o Museo de Medioambiente da rexión  (Environmental Education Centre of Krestena) onde lles explicaron os diferentes programas educativos que teñen e os introduciron na historia e o significado dun dos lugares máis icónicos da antiga Grecia: Olympia.  Aproveitaron a visita  e emprenderon o camiño ao antigo santuario no medio dun entorno natural incomparable, coa primavera mediterránea en todo o seu esplendor. A visita rematou no museo do xacemento. 

Outro día visitaron a depuradora que abastece de auga potable a Pyrgos e a súa comarca. Esta actividade é moi significativa porque o ano pasado dende o grupo Erasmus tamén visitamos a depuradora de Tuy e así poden establecer comparacións entre os seus residuos e o proceso de limpeza.

O noso alumnado tratou de contribuir a esta semana tan ecolóxica mostrando as iniciativas que se están a desenvolver dentro do IES de MOS e tamén dentro do proxecto Erasmus.

VISITA A UN PARQUE NATURAL E LUGARES DE INTERÉS

Os días posteriores seguiron destacando a importanza de respetar o medio ambiente  e, por iso, visitaron distintos espazos naturais como o xeoparque da UNESCO Chelmos-Vouraikos. Alí percorreron o perímetro do mesmo entre impresionantes montañas. 

Tamén foron cara o interior do Peloponeso facendo unha parada en Lagkadia, unha pequena vila no medio de impresionantes montañas. Pero o colofón do día púxoo Dimitsana, unha vila nas montañas da Arcadia que conserva a arquitectura tradicional da zona, o que lle da un encanto especial que sen dúbida será difícil de esquecer.  

ATENAS, A CUNA DA MITOLOXÍA

O últimos días o noso alumnado disfrutou dunha visita aos lugares máis emblemáticos da cidade de Atenas como a Acrópole e tamén presenciaron  o cambio de garda diante do Parlamento, na praza Syntagma.