Resumo do proxecto


Información xeral: Por que solicitamos o proxecto?

O IES de Mos é un centro que conta con arredor de 650 alumnas e alumnos, cunha oferta académica que abarca dende 1º da ESO ata 2º de Bacharelato, con cinco modalidades diferentes (ciencias da saúde, científico-tecnolóxico, humanidades, ciencias sociais e artes). O claustro está moi implicado e unha das consecuencias é que existen múltiples grupos de traballo: igualdade, educación emocional, inclusión a través do deporte, sostibilidade, diversos clubes de lectura e un grupo de artes audiovisuais.

Ante este contexto queremos participar nun proxecto Erasmus+ para tratar de integrar parte destas ideas, crear vínculos e intercambiar experiencias con centros doutros países, traballando conceptos clave para o alumnado do futuro dunha forma máis colaborativa e transversal. Aspiramos a que os nosos docentes aprendan novas metodoloxías en contextos culturais diversos e países diferentes, coa fin de aplicar algunhas desas ferramentas no noso centro, ademáis de proporcionar novas oportunidades ao noso alumnado.

Obxectivos: Que esperamos conseguir con este proxecto?

A través deste proxecto e tras analizar as diferentes necesidades detectadas no noso centro, pretendemos alcanzar os seguintes obxectivos:

Execución: Que actividades realizaremos?

Para alcanzar os obxectivos mencionados previamente puxémonos en contacto con diferentes institucións. Tras esta busca, concluimos que o mellor sería combinar actividades de jobshadowing para inspirarnos na metodoloxía doutros centros europeos:

Estas mobilidades estarán acompañadas de actividades previas e posteriores. Traballaremos estas temáticas co alumnado e poremos énfase no aprendizaxe en cascada por parte do profesorado. Para poder darlle continuidade ao proxecto, tamén queremos formar ao noso profesorado menos competente en lingua inglesa a través dun curso en Irlanda.

Resultados: Que temos previsto alcanzar co noso proxecto?

Coa finalidade de conseguir todos os nosos obxectivos, o equipo Erasmus seleccionou unhas actividades e mobilidades para este proxecto que casan perfectamente coas nosas necesidades. Os principais resultados que queremos obter serían:

Están previstos distintos instrumentos de avaliación para medir o noso éxito despois de cada activiade e ao finalizar o proxecto.