Durante a semana do 13 de outubro, a nosa delegación de Mos, conformada por 11 estudantes e dúas profesoras, estiveron visitando durante unha semana un centro francés, en concreto o Lycée Guy Chauvet.
Esta visita forma parte do noso proxecto "Educando a nuestro futuro", pois lembramos que xa fixemos un job shadowing de profesores no curso 21-22 e, posteriormente, unha recepción de alumnado do centro francés no curso 22-23. Culminamos, pois, con este intercambio de experiencias, metodoloxías e culturas entre o noso país veciño e o noso.
As temáticas principais a traballar durante a estancia xiraban en torno a inclusión e a sostibilidade, polo tanto a gran maioría das dinámicas tiñan como obxectivo amosar ao alumnado as similitudes entre o alumnado francés e o alumnado galego e fomentar unha actitude positiva cara as persoas con algún tipo de dificultade, tanto motora como mental, e unha boa concienciación coa naturaleza. Cos estes obxectivos en mente desenvolveronse as seguintes actividades:
Visionado e reflexión posterior dos valores transmitidos na película Intocable.
Visita ao mercado de Loudun.
Xogos cooperativos inclusivos (simulando a falta dalgún sentido ou dalgunha extremidade)
Un obradoiro no que se fixo xabón e tamén níos para páxaros.
Un kahoot sobre Medio Ambiente.
Unha merendola con productos típicos franceses.
Unha charla sobre o cancro de mama e un coloquio posterior.
Recordemos que durante estes días os nosos estudantes estiveron a convivir con alumnado francés, viviron na súa casa e visitaron algúns lugares de interese histórico e cultural na contorna. No só se trata dunha experiencia educativa, senón tamén cultural e social. Deben aprender a comunicarse noutra lingua, adaptarse a súa gastronomía, aos seus horarios e tamén crean lazos de amistade (ou enemistade no peor dos casos).
A maiores, aproveitando a nosa visita a Loudun, a nosa delegación aproveitou para visitar dúas cidades que se atopaban preto do seu destino final: Tours e Nantes.
Unha vez de volta no instituto, os nosos rapaces fixeron unha presentación para todo aquel alumnado interesado explicando que fixeron durante esa semana, facendo un pequeno diario do acontecido en Loudun, e destacando as dinámicas ou actividades que máis lles gustaron.