Tres docentes do IES DE MOS (Diana Babarro, Maite Freijido e Óscar Sampayo) fixeron un Job-shadowing a un dos centros educativos de referencia de Taranto, ao Liceo Galileo Ferraris. O obxectivo desta mobilidade era aprender cómo é o sistema educativo en países homólogos o noso, buscar socios para un novo proxecto e tamén compartir as nosas inquedanzas en distintos, eidos, como metodoloxías educativas e tamén o uso do teatro como ferramenta educativa.
A estancia tivo unha duración de 5 días no centro educativo e alí estivemos acompañadas das profesoras do departamento de Castelán, Kendra e Antonietta, que foron as nosas guías durante todo este proceso. Tamén estivemos cun grupo do IES Miguel de Unamuno que estaban a facer unha estancia con 15 rapaces no mesmo centro.
O liceo en cuestión oferta 4 tipos de bacharelato distintos (científico, ciencias aplicadas, clásico e lingüístico) e destaca sobre todo pola implicación e internacionalización dos departamentos de linguas. Os rapaces deben dominar 4 linguas, e tamén a súa literatura e cultura, para poder acabar o título final.
Entre as linguas a traballar están o italiano, o inglés e o español como obligatorias no liceo lingüístico e estas deben completamentarse coa escolla de francés, alemán ou chino.
Durante esta semana os tres docentes do IES DE MOS asistiron a clases adatadas a súa formación, é dicir, en función da afinidade coa materia que imparten ou a súa participación en grupos de traballo. Observamos que, a diferencia de España, en Italia pesa moito máis unha avaliación oral (denominada interrogatorios en aula) así como a falta de optatividade, unha vez escollido o tipo de bacharelato, as materias están pechadas e todo o grupo debe cursar as mesmas.
A maiores, decatámonos de que a ensinanza de ditas materias tende a ser interdisciplinar, pois non só traballan conceptos teóricos propios dese ámbito, senón que tratan de facer unha reflexión máis profunda e buscan conexións entre materias tan dispares como lingua italiana, bioloxía ou filosofía. Un exemplo observámolo na clase de filosofía, onde para estudar a Shopenhauer e a Platón, tamén viron fragmentos de La vida es sueño ou mesmo traballaron con cancións de grupos contemporáneos.
O martes de dita semana visitamos o que en España se coñece como unha masía e participamos nun obradoiro de queixo ricota, aproveitando os recursos do propio lugar. A continuación, fixemos unha visita guiada polos terreos da granxa e rematamos cunha degustación de productos elaborados alí (e que tamén se comercializan).
Pola tarde visitamos Grottaglie, unha vila coñecida pola cerámica e as distintas escolas de oficios relacionadas con este ámbito. Participamos nun obradoiro cun artesan oriundo da vila e tamén fixemos un pequeno percorrido polos lugares máis destacados e significativos para calquer turista.
O último día asistimos a un obra de teatro, "Juana la Loca, la reina sin reino", escrita e representada por un grupo de alumnos e alumnas do último ano do liceo lingüístico. Na obra tratáronse temas como o feminismo, o impacto do poder así como a importancia de traballar de xeito cooperativo para poder acabar os obxectivos propostos.
Durante a fin de semana os docentes visitaron distintas cidades e vilas da contorna (Bari, Matera, Locorotondo, Alberobello) para empaparse da cultura italiana e entender un poco máis aos nosos primos-irmaos da lingua. Realmente é curioso ver cómo estando a kilómetros de distancia compartimos unha cultura tan semellante.
Ademáis, tamén saímos no xornal, así que deixamos o enlace ao Faro de Vigo:
www.farodevigo.es/comarcas/2025/02/14/visita-profesores-italia-ies-mos-114307917.html