Recepción alumnado francés do centro Lycée Guy Chauvet

COMEZAMOS....

Durante a semana do 29 de xaneiro, en concreto dende o día 30 ata o día 2, no IES DE MOS visitáronnos nove estudantes e dúas profesoras franceses. O obxectivo da actividade era traballar a inclusión dende distintos eixes e tamén fomentar lazos de unión entre o noso alumnado e os nosos compañeiros do proxecto Erasmus "Educando a nuestro futuro".  Ao longo de toda a estadía, o noso grupo erasmus xunto con este grupo de alumnos e alumnas estiveron a realizar distintas dinámicas para dar a coñecer o noso centro así como os distintos grupos internos de traballo como igualdade e sostibilidade.

O martes o día comezou cun almorzo entre o alumnado visitantes e os rapaces e rapazas que os acollían estas semanas nas súas casas. A continuación, fíxose un percorrido polas instalacións do instituto e, posteriormente, algunhas dinámicas de presentación. A mañá rematou ca participación de todo o grupo erasmus nunha sesión de IGUALDADE, reflexionando sobre conceptos básicos, e tamén coa realización dunha actividade vinculada co día da paz, que ese día conmemorábamos no centro.

CONTINUAMOS...

O mércores aproveitando o bo tempo, e tamén os recursos da contorna, o grupo Erasmus fixo un roteiro organizado pola comunidade de montes de Tameiga. Esta actividade supón a continación dunha charla e presentación da asociación o luns previo. Durante esta mañá, os estudantes desfrutaron dun paseo ao aire libre e coñeceron parte da cultura galega así como datos sobre a fauna como da flora e reflexionaron sobre a importancia de protexer a nosa terra.

A mañá rematou cunhas actividades de reflexión sobre o visto durante o percorrido previo e coa presentación da actividade desta mobilidade: UNHA FOTO REPORTAXE INCLUSIVA.

E SEGUIMOS....

O xoves era o noso penúltimo día e por iso o adicamos a preparación da nosa reportaxe fotográfica. Aínda así, tamén fixemos moitas máis cousas porque os días si se aproveitan, dan para moito. Pola mañá, o grupo de alumnado francés asistiu a clases ordinarias de Linguaxe e práctica musical e Lingua Francesa en 1º Bacharelato.


Para celebrar este encontro, este día quedamos a comer no centro e fixemos merendola con manxares típicos galegos: empanada, tortilla, orellas de carnaval, rosquillas, filloas, etc. A maiores, toda merendola e festa galega debe ir acompañada de música e bailes tradicionais. E, finalmente, a velada rematou con xogos populares aos que tamén se puideron unir rapaces do noso centro, sen pertencer ao grupo Erasmus.


E REMATAMOS....

O derradeiro día presentamos as distintas propostas de fotos inclusivas e despedímonos dos nosos compañeiros durante esta semana. Foi un día moi intento, cheíño de bágoas, agarimos, abrazos e autógrafos que quedaran en nove cadernos para sempre. A inclusión é isto, coñecer e convivir con persoas de distintos países, experiencias e inquedanzas. Inclusión é non querer separarse destes novos amigos de por vida. Inclusión é vivir en igualdade. Adxuntamos a mellor definición de inclusión atopada ata o momento, feita, por suposto, polos nosos alumnos e alumnas.

Grupos de alumnado mixto

Blancos, pardos, marrones, S, M, L… Pigmentos y tamaños son solo calificativos. 

Expresan cualidades externas que enriquecen el abanico de diversidad. Y no hablamos únicamente de huevos. 

Tonos, tallas, habilidades, géneros, procedencia, preferencias… carcaterísticas superficiales y arbitrarias que no deberían ser motivo de segregación ni discriminación. La variedad es infinitamente más enriquecedora y debemos comprender que la inclusión no es un concepto que se pueda definir a la ligera. La inclusión es cuando.

 La inclusión es cuando la maternidad no es un motivo de despido. La inclusión es cuando una silla de ruedas no te impide acceder a un edificio. La inclusión es cuando adoptar no es un problema por tus preferencias sexuales. La inclusión es cuando tu color de piel no te impide comprar maquillaje.

 La inclusión no es una opción, sino un deber que tenemos como sociedad. 

Al fin y al cabo, ¿a quién le importa el color de un huevo a la hora de preparar una tortilla? 

Remata esta xuntaza erasmus, pero non será a última...