Galati (Rumanía)

JOBSHADOWING no Colegiul Naţional "Costache Negri" Galați

Durante a semana do 20 de marzo (ata o 25 incluído) as nosas profesoras Carmela Rodríguez e Diana Babarro visitaron o centro escolar Costachi Neri, un centro que acolle a 1500 rapaces con idades comprendidas entre o 3 e os 19 anos.

A súa chegada foron recibidas polo equipo directivo, conformado por  Andra Ionescu Aura Ungureanu así como o resto de profesorado vinculado co proxecto Erasmus (Corina Sirbu, profesora de inglés, Gina Baciu, Mariana Ziminschi, Florina Gheorghiu e Cristina Ciobanu a responsable última do proxecto.  A maiores cabe resaltar que durante esta semana tamén compartimos inquietudes e experiencias coa delegación do centro francés Lycée Guy Chavet, outro dos nosos socios.

Nestas primeiras imaxes podemos ver algúns doces típicos de Rumania cos que nos recibiron os primeiros días.

Inclusión nas aulas

Durante as dúas primeiras xornadas (luns e martes) asistimos obradoiros relacionados coa inclusión e o seu tratamento nas aulas. 

O luns alumnos de diferentes idades comprendidas entre os 14 e os 17, fixeron presentacións sobre o contos nos que a inclusión era o factor determinante. Posteriormente, asistimos a unha sesión máis dinámica, centrada na toma de decisións e as implicacións que poden supoñer a través da análise de textos.

O martes comezamos cunha actividade titulada "Don´t jugde a book by its cover" centrada nos estereotipos/prexuizos e rematamos cun debate, ou mello dito unha mesa redonda,  acerca da inclusión coa delegación francesa e varias compañeiras do instituto de acollida.


Medio ambiente - Turismo sostible e visita a facultade de ciencias

O mércores os alumnos de Daniela Stratulat fixeron una presentación sobre como facer turismo sostible.

 O xoves visitamos as facultades de ciencias, en concreto faláronnos dun proxecto de acuicultura subvencionado polo concello para recuperar o esturión, debido a alta contaminación que hai no río Danubio. 

Coñecendo outras culturas

Aproveitando a nosa visita, e tamén a da delegación francesa, durante a semana cultural os rapaces e docentes do centro estiveron a preparar un acto "Benvidos a francofonía" desenvolto íntegramente en francés onde nos mostraron as posibilidades de traballar as artes en consonancia cunha lingua extranxeira.

Coñecendo o patrimonio

Se por algo é famoso (literariamente falando) o país de Rumanía é pola historia de Drácula, inspirada na terrible historia de Vlad, O Empalador. Por iso, os nosos anfitrións non dubidaron en levarnos, xunto cun grupo de 50 estudantes, a coñecer a rexión de Transilvania, en concreto o castelo de "Drácula".  

Grazas pola acollida