Eskisehir (Turquía)

O instituto Gelisim Okullari

As profesoras Susana, Diana e Leire visitaron o centro GelisimOkullari en Eskisehir (Turquía). Este trátase dun centro innovador, motivado en gran medida pola cantidade de recursos, tanto materiais como humanos, dos que dispoñen.

O centro conta con edificios independentes en función do nivel educativo e con espazos multifuncionaisonde os estudantes realizan distintos tipos de dinámicas e actividades, entre elas participar en diferentes clubs: debate, waterpolo, xadrez, arte, ioga e, o que máis nos interesou como docentes, teatro (entre outros).


Obradoiro de teatro

A nosa estancia no centro estivo vencellada ao traballo con técnicas teatrais, realizadas cun pequeno grupo de estudantes (un workshop), nas que destacaron o traballo colaborativo, a atención a diversidade, a creatividade así como o uso de signos verbais e non verbais para comunicar as nosas emocións.

O teatro é unha ferramenta indispensable para fomentar a cohesión grupal así como para afondar na conexión entre as distintas artes, que debería estar máis presente nas aulas, tanto nas titorías como nas clases ordinarias.

Cultura

A visita ao centro tamén supuxo un intercambio de información mutua, pois as docentes españolas impartiron dúas clases a rapaces de entre 11 a 14 anos, nas que se falou de Galicia (a  nosa historia, cultura, gastronomía, deportes). Ademáis, durante os días que estiveron no centro trataron de entender o sistema educativo turco mediante a realización de diferentes entrevistas os diferentes membros da comunidade educativa (profesores, alumnado, persoal non docente).


Eskisehir

O centro ubícase en Eskisehir, unha cidade tranquila, limpa e con diferentes barrios que nos amosan como en realidade a única barreira entre as persoas é a famosa torre de Babel (as linguas). Atopámonos con xente con ideas moi semellantes as nosas e puidemos descubrir os seus lugares máis emblemáticos: OdunPazari, o Castelo de Sazova e tamén o paseo pola beira do río Porsuk.


MOITÍSIMAS GRAZAS POR ESTA ACOLLIDA TAN FANTÁSTICA!!!