Curso en Dublín

Curso de perfecionamento do inglés en Dublín

Durante o 12 e o 20 de novembro de 2022 as nosas compañeiras Laura Pampín, Maite Freijido e Carmela Rodríguez estiveron en Dublín facendo un curso de inglés na Europass Teachers Academy. 

Grazas ao curso e o tempo de ocio do que puideron gozar, as tres docentes non fixeron só unha inmersión lingüística, senón tamén cultural.

Aprendizaxe nas aulas

O luns comezaron as clases co seu querido profesor Michael, que as acolleu con moito agarimo e interese sobre os seus gustos e o seu país de orixe. Alí coñeceron outros profesores e profesoras marabillosas cos que o intercambio cultural volveuse aínda máis enriquecedor. As súas nacionalidades e personalidades eran diversas: Montova, Hamburgo, Sicilia, Eslovenia...

Desde o luns ata o venres, as tres profesoras incrementaron notoriamente o seu nivel de inglés e aprenderon diferentes dinámicas de grupo e ideas innovadoras para a aprendizaxe a través da gamificación que puideron aplicar na aula cando regresaron. Destacaron reiteradamente que a maneira na que aprenderon inglés foi moi útil e entretida: cantaron cancións típicas do país, practicaron fútbol gaélico, achegáronse a cuestións gramaticais a través de escritores moi coñecidos como Oscar Wilde e realizaron actividades dentro de museos moi importantes. 

Descubrindo o patrimonio histórico e cultural

As nosas compañeiras primeiro día, domingo, realizaron unha longa (e satisfactoria) viaxe á Calzada do Xigante, en Irlanda do Norte. 

 Pola semana foron visitando os lugares mais emblemáticos da cidade de Dublín, como a súa biblioteca e os seus pubs, e, a última xornada, xa en sábado, consistiu nunha excursión organizada pola escola a Glendalough, un paraíso místico do país que lles permitiu conectar coa naturaleza irlandesa.

Nesta última foto vemos a nosas compañeiras con Molly Malone, unha das iconas mais importantes da cidade.