UN DÍA VENTOSO



SOPRAREI E SOPRAREI...

OU NON...

Traballamos o sopro e a succión.

TÚNEL

Con rolos de papel de cociña, wc...podes fabricar túneles. Precisas dunha pelota lixeira pero se non tes podes usar unha boliña de algodón ou de papel. A ver quen atravesa antes o túnel? Ollo!, non podemos tocar coas mans, so podemos SOPRAR.

OVEIRA

Se tes unha oveira de calquera material e unha pelota ou boliña de algodón ou papel, intenta desprazar a boliña polos ocos soprando. Se o consigues, noraboa!

FÚTBOL

Con vasos de papel e unha pelota ou boliñas de algodón e papel podes xogar un partido de sopro-gol. A ver que é o pichichi da casa?

Se non tes vasos de papel, podes fabricar unha portería cunha caixa de cartón.

A CIRCULAR

Colle cinta de pegar de calquera tipo, fai unha estrada no chan con ela. Cunha pelota lixeira, unha boliña de papel ou un coche de xoguete lixeiro podes porte a circular pola casa. Recorda que tes que soprar para circular!

E, por suposto, non te olvides de soprar as velas do CUMPREANOS.


PESCAMOS

Poderás coller un anaco de papel cunha palliña?

Podes darlle forma de peixe ou da figura que ti queiras a ese papel.

Aquí non tes que soprar! Que tes que facer?