DÍA A DÍA

XOGAMOS NA COCIÑA

Utilizando utensilios e alimentos da cociña podemos traballar moitos aspectos como conceptos básicos, atención visual e auditiva, memoria, razoamento lóxico, orientación espazo-temporal...Podedes probar tamén con outros materiais do resto das habitacións da casa ou con prendas de vestir como os calcetíns para as nenas e nenos máis pequen@s.



CONTINUA AS SERIES

Con utensilios de cociña podedes crear series de obxectos, alimentos ...e a partir de ahí podedes facelos tamén para traballar os tamaños.

CAL FALTA?

Observa a imaxe de arriba. Pecha os ollos! (mentres quitamos un obxecto)

Volve a abrilos!

Cal falta?

COLOCA IGUAL AO MODELO

Observa os obxectos ordeados na imaxe de arriba. Pecha os ollos! (mentres desordenamos os obxectos)

Volve a abrilos!.

Colócaos exactamente igual que os viches antes.

CAL SE REPITE?

Observa e di e/ou escribe cal é o obxecto que se repite.

CAL NON TEN PARELLA?

Observa e di e/ou escribe cal é o obxecto que non ten parella.

SIMETRÍAS

Coloca utensilios igual no lado dereito igual que no esquerdo.

XOGAMOS COAS FORMAS

Debuxamos nun papel ou no chan o perfil de utensilios con diferentes formas e colocamos o utensilio encima.

CLASIFICAMOS

Clasificamos por categorías; utensilios de cociña, tipos de alimentos,...

COMPARAMOS

Observamos e respondemos ás preguntas.

En que se parecen unha pera e unha mazá?

En que se diferencia unha pera dunha mazá?

Nomea algo que sexa de cor verde como unha pera.

Nomea algo que teña a forma redonda como una mazá?