UN DÍA MÁIS



ESCRIBIMOS

LETRAS

Poñemos sal, azecre, fariña ou escuma de afeitar e escribimos letras. Se deixamos voar a imaxinación podemos debuxar figuras xeométricas, animais...ou simplemente descobrir novas texturas.

SÍLABAS

Con rotuladores de cores facemos unha plantilla coma a da fotografía nun papel. Xuntamos chapas e escribimos sílabas. Cantas palabras podes formar? Cantas sílabas teñen esas palabras?

PALABRAS

Seguramente tes rolos de papel wc, de papel de aluminio, de pael de cociña. So tes que escribir unha palabra longa e longo... cantas palabras novas podes formar?

FRASES

Escribe 4-5 palabras en cada rolo de wc . Introduce eses rolos nun máis grande como os de papel de cociña. Xa podes formar frases diferentes.

Podedes aproveitar este recurso para poñer gomets, pegatinas, recortes de revistas e en no lugar das palabras. Os nenos e nenas deben mover os rulos para poñer todos as pegatinas, debuxos, recortes na mesma posición.

LISTAS

Escribe, debuxa, pega recortes de revistas para facer listas de: a compra, os regalos de cumpleanos, que vas a facer cando saias de casa, lista de invitados, cousas que che gustaría facer de maior...

CARTAS

Escribe, debuxa, pega nun papel recortes de revistas para facer cartas...de amor, aos reis magos, ás persoas que máis queres, aos amigos, ...