UN BO DÍA

VEMOS NACER...

Aínda que moitas familias vivimos en pisos podemos crear un pequeno espazo natural dentro da casa. Nun tarro de cristal poñemos algodón humedecido con auga. Colocamos unhas poucas fabas enriba do algodón e poñemos o tarro preto dunha ventá para que lle de a luz. Hai que manter húmido o algodón. Aos poucos días as fabas hinchan e empezan a... Podes escribir todo o proceso nun papel , debuxalo,contarllo a alguen...